José Antonio de Mendoza Caamaño y Sotomayor
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1667 Vegas de Matute, España (pt) |
Morte | 17 de decembro de 1746 (79 anos) Cabo de Fornos, Chile |
Vicerrei do Perú | |
Ambassador of Spain to the Republic of Venice (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Colonial administration (en) e diplomacia |
Lugar de traballo | Cataluña Venecia Lima |
Ocupación | diplomático, político, embaixador |
Outro | |
Título | Margrave |
José Antonio de Mendoza Caamaño y Sotomayor, nado en Vegas de Matute (provincia de Segovia) o 13 de marzo de 1667 e finado preto de Cabo de Fornos o 15 de decembro de 1746, foi o terceiro Marqués de Vilagarcía de Arousa, Cabaleiro de Santiago, embaixador en Venecia e Vicerrei de Cataluña en 1705.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estivo casado con Clara de Monroy de quen non tivo descendencia. En 1735, con preto de setenta anos, xa ancián e viúvo, foi nomeado Vicerrei do Perú por Filipe V, viaxando con el os famosos mariños Jorge Juan e Antonio de Ulloa que formaban parte da expedición científica de Charles Marie de la Condamine para medir a liña do Ecuador. Entre 1735 e 1745, tempo no que permaneceu á fronte do vicerreinado peruano, ocupouse especialmente de mellorar a facenda e a produción mineira. Reprimiu as sublevación de 1739 e 1742 e a partir de entón intentou controlar a corrupción que, xunto coa escravitude á que na práctica estaba sometida a poboación indíxena polo sistema da mita e o incumprimento das ordenanzas reais, provocaran as ditas rebelión.
Doutra banda, Caamaño e Sotomayor, tendo en conta o conflito bélico existente con Inglaterra, tivo que enfrontar numerosos problemas defensivos pola presenza activa dos navíos comandados polo almirante Anson nas costas do vicerreinado e do almirante Vernon na área do Caribe, que chegaron a producir o saqueo de Payta e a caída de Portobelo. Tamén nas fronteiras terrestres tivo que enfrontar algúns conflitos cos portugueses do Brasil. Logo de solicitar a súa substitución, faleceu durante a navegación da súa viaxe de regreso a España deixando impresión de bo gobernante no territorio da súa xurisdición.